DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 7 de agosto de 2024 Páx. 45737

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 18 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, polo que se lles notifica a varios interesados a declaración de utilidade pública da LAT 220 kV Pazos-Fontefría e da E/S en Fontefría da LAT 220 kV Pazos-Suído (expediente IN407A 2013/113-4).

O 30 de maio de 2024, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas ditou resolución pola que se ordenou a publicación, no Diario Oficial de Galicia (DOG), do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de maio de 2024 polo que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción e se declara a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, das instalacións de transporte secundario de enerxía eléctrica correspondentes á LAT 220 kV Pazos-Fontefría e á entrada/saída en Fontefría da LAT 220 kV Pazos-Suido, nos termos municipais de Covelo e Pazos de Borbén (Pontevedra), e que promove Red Eléctrica de España, S.A.U. (expediente IN407A 2013/113-4). A devandita resolución publicouse no DOG núm. 117, do 18 de xuño de 2024.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo deste anuncio, para seren notificadas por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma, logo dos intentos efectuados.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, sita na rúa Avelino Pousa Antelo, núm. 5 (San Lázaro), en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2024

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Minas

ANEXO

Declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións de transporte secundario de enerxía eléctrica correspondentes á LAT 220 kV Pazos-Fontefría e á entrada/saída en Fontefría da LAT 220 kV Pazos-Suido, nos termos municipais de Covelo e Pazos de Borbén (Pontevedra), e que promove Red Eléctrica de España, S.A.U. (expediente IN407A 2013/113-4).

Propietario

Datos do predio afectado

Referencia catastral

Hros. de Hortensia Alonso Gregores

7-8

36013A08300353