DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 7 de agosto de 2024 Páx. 45739

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 19 de xullo de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se comunican a consignación de depósitos previos á ocupación e a data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de modificación do tramo final da LAT 132 kV O Irixo - Lalín.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio infórmanse as persoas afectadas pola expropiación da consignación do depósito previo á ocupación e da data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada modificación do tramo final da LAT 132 kV Irixo Lalín, no concello de Lalín, que figuran no cadro anexo.

Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria en Vigo. Na solicitude deberán achegar unha copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figuran como titulares da conta en que se ingresará o depósito.

Vigo, 19 de xullo de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 2007/169-3-AT.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: modificación do tramo final da LAT 132 kV Irixo Lalín.

Concello: Lalín.

Predio

Referencia catastral

Titularidade

Data ocupación

Depósito previo

945

36024A09500146

Hros. María Olga Baldonedo Iglesias

19 de agosto de 2024

2024/54/360

953

36024A09500531

Carmen Iglesias Fernández

19 de agosto de 2024

2024/54/364

953

36024A09500531

José Iglesias Fernández

19 de agosto de 2024

2024/54/364

953

36024A09500531

Manuel Andrés Iglesias Fernández

19 de agosto de 2024

2024/54/364

953

36024A09500531

Pilar Iglesias Fernández

19 de agosto de 2024

2024/54/364

955

36024A09500142

Carmen Iglesias Fernández

19 de agosto de 2024

2024/54/365

955

36024A09500142

José Iglesias Fernández

19 de agosto de 2024

2024/54/365

955

36024A09500142

Manuel Andrés Iglesias Fernández

19 de agosto de 2024

2024/54/365

955

36024A09500142

Pilar Iglesias Fernández

19 de agosto de 2024

2024/54/365