DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 7 de agosto de 2024 Páx. 45745

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 22 de xullo de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se lles notifica ás persoas interesadas a Resolución do 18 de xullo de 2024 relativa a unha instalación eléctrica no concello da Peroxa (expediente IN407A 2024/048-3).

Por Resolución do 18 de xullo de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, concedéronse as autorizacións administrativas previa e de construción e declaráronse, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, unhas instalacións eléctricas no concello da Peroxa (expediente IN407A 2024/048-3).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares do predio que no anexo se relacionan para ser notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

As persoas interesadas, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, neste Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria en Ourense, na rúa Curros Enríquez, número 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida dende o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 22 de xullo de 2024

A directora territorial de Ourense
P.S. (Decreto 140/2024, artigo 40.3)
José Luis Prada Suárez
Xefe do Servizo de Industria

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2024/048-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación LMTA PRS811 no treito entre os apoios núm. 22 e núm. 25.

Termo municipal: lugar de Celaguantes, concello da Peroxa.

Predio núm. en proxecto: 2; referencia catastral: 32060A075001670000QD.

Lugar: Pena Longa.

Cultivo: monte alto.

Titular: Concepción Quintela Rodríguez.

Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 24.