DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 7 de agosto de 2024 Páx. 45744

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 22 de xullo de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, da convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo proxecto dunha instalación eléctrica no concello de Cervantes (expediente IN407A 2023/42-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto da seguinte instalación eléctrica: instalación de interruptor TC no apoio núm. CPAFQ8OM//243 Cervantes (Lugo), segundo se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

Lugo, 22 de xullo de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de instalación
de interruptor TC no apoio núm. CPAFQ8OM//243 Cervantes (Lugo)

Concello: Cervantes (Lugo).

Expediente: IN407A 2023/42-2.

Convocatoria de levantamento de actas previas: Concello de Cervantes.

Predio

Propietario

Políg.

Parc.

Lugar

Cultivo

Apoio núm.

Sup. (m2)

Data
do acto

Hora
do acto

Concello

1

Fiscal Audiencia Provincial (representa a: Monte comunal de Degrada)

74

166

Capudre

Monte baixo

CPAFQ8OM//243

2

19.9.2024

10.10

Cervantes