DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 7 de agosto de 2024 Páx. 45743

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 22 de xullo 2024, da Dirección Territorial de Lugo, da convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo proxecto dunha instalación eléctrica no concello de Sarria (expediente IN407A 2023/50-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto da seguinte instalación eléctrica denominada substitución e P.E.S. de interruptor telecontrolado en Sarria (Lugo), segundo se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

Lugo, 22 de xullo de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto denominado substitución e P.E.S. de interruptor telecontrolado en Sarria (Lugo).

Concello: Sarria (Lugo).

Expediente: IN407A 2023/50-2.

Predio núm.

Polígono

Parcela

Lugar

Propietarios

Cultivo

Apoio núm.

Sup. m²

Data do acto

Hora do acto

Concello

1

15

545

Cruce Pozo

Fiscal Audiencia Provincial de Lugo (representa a descoñecido)

Monte baixo

BXPEJ1MA//39B-3

2

25.9.24

13.00

Sarria