De conformidade co establecido no artigo 6.2 do Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos Concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local, unha vez convocado o proceso de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía (código de procedemento PR461D), convocado mediante a Orde do 31 de maio de 2024 (DOG núm. 114, do 13 de xuño), e por delegación do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, de conformidade coa disposición adicional única da citada orde, a Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
DISPÓN:
Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, coa composición que se relaciona no anexo.
A Estrada, 31 de xullo de 2024
Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
ANEXO
Proceso de provisión por mobilidade na categoría de policía
– Tribunal titular:
Presidenta: Paula Cajaraville Leiro, fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra.
Secretario: Manuel Castro Escariz, inspector da policía local do Concello de Caldas de Reis.
Vogais:
Jaime Alberto Domínguez Fernández, oficial da policía local do Concello de Ares.
Martina Marcos Mosquera, policía local do Concello de Ames.
Mercedes Gayoso Gómez, xefa do Servizo de Coordinación, Planificación e Selección da Agasp.
– Tribunal suplente:
Presidenta: María Rey Rivera, fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra.
Secretaria: Mónica María Castro Pérez, xefa do Servizo de Formación en Seguridade Pública da Agasp.
Vogais:
Germán Quiroga Álvarez, oficial da policía local do Concello de Ourense.
Martín Conde Ríos, oficial da policía local do Concello de Ames.
Andrés González Murga, secretario xeral da Agasp.
