DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 7 de agosto de 2024 Páx. 45711

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 1 de agosto de 2024 pola que se amplía o crédito dispoñible establecido na Resolución do 19 de decembro de 2023 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios 2024), susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG421A).

BDNS (Identif.): 734264.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Importe

Modifícase a dotación orzamentaria das bases reguladoras, que queda establecida do xeito seguinte:

Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741A.7810 e cos seguintes importes e distribución plurianual: 1.000.000 € con cargo ao ano 2024 e 582.000 € con cargo ao ano 2025.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2024

Patricia Villajos Grande
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica