Mediante a Resolución do 19 de decembro de 2023 publicouse o acordo do Consello de Dirección do Igape que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios 2024), susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG núm. 2, do 3 de xaneiro de 2024).
No punto cuarto do Resolvo establecíase unha dotación orzamentaria de 1.300.000 € na partida 09.A1.741A.7810, coa seguinte distribución por anualidades:
|
Código de proxecto |
Partida orzamentaria |
Ano 2024 |
Ano 2025 |
|
2023 00004 |
09.A1.741A.7810 |
1.000.000 € |
300.000 € |
No momento do peche do prazo de presentación de solicitudes, o orzamento necesario para atender todas as solicitudes supera amplamente a previsión inicial. Co fin de realizar unha distribución eficiente dos fondos e facer partícipe da axuda á totalidade dos sectores produtivos de Galicia representados polos organismos intermedios, resulta imprescindible ampliar o crédito por un importe de 282.000 € para o ano 2025. Esta ampliación permitirá cubrir a demanda existente, garantindo que todos os organismos intermedios teñan acceso á axuda de xeito que prevaleza a equidade no acceso ás subvencións para a promoción exterior á totalidade do tecido empresarial galego.
Segundo o establecido no devandito punto cuarto da resolución da convocatoria, a persoa titular da Dirección Xeral do Igape poderá ampliar os créditos, despois da declaración da súa dispoñibilidade, como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Decreto 11/2009), mediante resolución publicada para o efecto.
Por todo o anterior, de conformidade coas facultades que teño conferidas,
RESOLVO:
Primeiro. Amplíase en 282.000 € o orzamento máximo da anualidade 2025 previsto no punto cuarto do Resolvo da Resolución do 19 de decembro de 2023 (DOG núm. 2, do 3 de xaneiro de 2024) pola que se publica o acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios 2024), susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021- 2027, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG421A), que queda establecido do seguinte xeito:
|
Código de proxecto |
Partida orzamentaria |
Ano 2024 |
Ano 2025 |
Total |
|
2023 00004 |
09.A1.741A.7810 |
1.000.000 € |
582.000 € |
1.582.000 € |
Segundo. Esta modificación non dá lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.
Terceiro. Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2024
Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica
