Mediante a Resolución do 24 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, establécense as bases para o desenvolvemento dos ciclos formativos plurilingües nas ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño (PluriArt) para o curso 2024/25 (DOG núm. 128, do 24 de xuño de 2024), e establécese a convocatoria para as escolas de arte e superiores de deseño que desexen impartir estes ciclos plurilingües no curso 2024/25.
O punto décimo terceiro da antedita Resolución do 24 de xuño de 2024 establece que a directora xeral de Formación Profesional ditará unha resolución que conterá a relación de escolas de arte e superiores de deseño e ciclos autorizados, e que se publicará no Diario Oficial de Galicia.
En virtude do exposto anteriormente,
RESOLVO:
Primeiro. Publicar a relación de escolas de arte e superiores de deseño autorizadas para impartir ciclos formativos plurilingües (PluriArt) no curso 2024/25, así como os ciclos formativos autorizados.
Segundo. Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2024
María Eugenia Pérez Fernández
Directora xeral de Formación Profesional
ANEXO
Escolas de arte e superiores de deseño autorizadas para impartir ciclos formativos plurilingües (PluriArt) no curso 2024/25 e ciclos formativos autorizados.
|
Código |
Escola de arte e superior de deseño |
Ciclo |
Idioma |
|
15005506 |
EASD Pablo Picasso |
Dourado, Prateado e Policromía (ciclo formativo de grao superior) |
Inglés |
|
Ilustración (ciclo formativo de grao superior) |
Inglés |
||
|
27006589 |
EASD Ramón Falcón |
Fotografía (ciclo formativo de grao superior) |
Inglés |
|
Serigrafía artística (ciclo formativo de grao medio) |
Inglés |
