En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida San Luis, núm. 77, 28033 Madrid.
Denominación: regulamentación LMTA VII810 no tramo entre os apoios núm. 126-5 e núm. 126-13.
Situación: lugar da Pena Verde, concello de Cualedro.
Características principais recollidas no proxecto:
• Substitución na LMT VII810 dos apoios existentes núms. 126-5, 126-6, 126-7, 126-8; 126-9, 126-10, 126-11 e 126-12, respectivamente, por apoios de celosía metálica do tipo: C-14/1000, C-14/1000, C-18/1000, C-16/1000, C-16/1000, C-16/1000, C-14/1000 e C-14/1000.
• Instalación de 1.114 m de novo condutor LA-56, en substitución do condutor existente, entre os apoios proxectados núms. 126-5 e 126-12.
O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.
Documentación que se expón:
1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado núm. 1534 do ICOIIG, o 12.6.2024.
2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.
3. Os planos parcelarios do proxecto.
O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.
Toda a documentación poderase examinar neste Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria en Ourense, rúa Curros Enríquez núm. 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:
http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica
Ourense, 12 de xullo de 2024
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Núm. de expediente: IN407A 2024/087-3.
Termo municipal: Cualedro.
Denominación da instalación: regulamentación LMTA VII810 no tramo entre os apoios núm. 126-5 e núm. 126-13.
|
Predios |
Propietarios |
Referencia catastral |
Afección apoio |
|||
|
Nº |
Lugar |
Cultivo |
Nº |
Superficie ocupada (m2) |
||
|
1 |
Agua Tallada |
Monte baixo |
Hdros de Antonio Rodríguez Atanes |
32029A503001640000HE |
126-5 |
2 |
|
2 |
Ventoso |
Monte baixo |
CMVMC de Cualedro |
32029A198000730000EG |
126-6 |
2 |
|
4 |
As Besadas |
Monte baixo |
Hdros de Benjamín Paz Loureiro |
32029A225001880000SF |
126-8 |
2 |
|
5 |
O Penedo |
Monte baixo |
Silverio González Atanes |
32029A225001430000SH |
126-9 |
2 |
|
6 |
A Costa |
Prado |
Caridad Barreira Antanes |
32029A240006740000SQ |
126-10 |
2 |
