DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 8 de agosto de 2024 Páx. 45926

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 12 de xullo de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello da Veiga (expediente IN407A 2024/088-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, núm. 77, 28033 Madrid.

Denominación: LMTA, CTI e RBT Pradolongo.

Situación: lugar de Pradolongo, concello da Veiga.

Características principais recollidas no proxecto:

• Instalación baixo a traza da LMTA SAG703 dun novo apoio (núm. 76-B14) de celosía metálica, do tipo C-16/2000.

• Desmontaxe do tramo da LMTA SAG703 entre o apoio proxectado núm. 76-B14 e o apoio existente núm. 76-B15-CT, en que se sitúa o CT Pradolongo-32AW80, que se desmonta e se substitúe por un novo apoio de celosía metálica do tipo C-14/2000.

• Novo CT á intemperie, que se instala sobre o apoio proxectado núm. 76-B15-CT, de 50 kVA e r/t 15.000/400 V.

• LMTA, a 15 kV, de 43 m de lonxitude, en condutor LA-56, coa orixe no apoio proxectado núm. 76-B14 e final no apoio proxectado núm.76-B15-CT.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado núm. 1534 do ICOIIG, o 12.6.2024.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Os planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación poderase examinar neste departamento territorial da Consellería de Economía e Industria en Ourense, rúa Curros Enríquez, núm. 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 12 de xullo de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2024/088-3.

Situación: lugar de Pradolongo, concello da Veiga.

Denominación: LMTA, CTI e RBT Pradolongo.

Predio núm. en proxecto: 1; referencia catastral: 32084A006000420000RG.

Lugar: Moreiras.

Cultivo: prado.

Titular: Ldivina Prieto Veira.

Afeccións:

– Ocupación de 11 m2 para os apoios núm. 76-B14-76-B15-CT.

– Ocupación de 541 m2 de servidume de voo.

– Ocupación temporal de 12 m2.