Convócanse a todos os comuneiros, en segunda convocatoria, á reunión veciñal para o próximo sábado 10 de agosto, na sala da planta baixa do concello, ás 18.00 horas.
Orde do día:
1. Lectura e validación das actas da asemblea xeral de abril 2023 e da asemblea extraordinaria de setembro 2023.
2. Resumo de gastos e ingresos do ano 2023. Obras na rede xeral e instalación de cloración e presentación do modelo facenda 2023.
3. Estado de contas. Derrama e cota.
4. Valorar o seguro da instalación en depósito.
5. Redacción do acto de disposición coa comunidade de montes (infraestruturas actuais, uso e mantemento delas).
6. Lectura dos actuais estatutos. Esclarecemento en puntos concretos.
7. Limpeza de depósito: presentación de factura e certificado.
8. Proposta de subida da cota anual co fin de cubrir gastos de mantemento.
9. Valorar a domiciliación bancaria.
10. Revisión das recomendacións de mellora no informe do plan de abastecemento autónomo.
11. Novas ideas de proxecto.
12. Rogos e preguntas.
Comunidade de augas de Paraños, lugar Paraños, núm. 28, Carballedo, Cerdedo-Cotobade 36856.
Carballedo, Cerdedo-Cotobade, 16 de xullo de 2024
Rosa María Salgado Salinas
Presidenta
