Expediente núm.: 3/2020.
Procedemento: Plan especial de infraestruturas e dotacións no Abeseiro-Toiriz.
Tramitación: aprobación inicial.
Logo de aprobar inicialmente, mediante acordo da Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 12 de xullo de 2024, o Plan especial de infraestruturas e dotacións no Abeseiro, parroquia de Toiriz, de conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 186.1.a) do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado mediante o Decreto 143/2016, do 22 de setembro, sométese a información pública por prazo de dous meses contados desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia.
Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello:
http://viladecruces.sedelectronica.es
Durante o dito prazo, poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias.
Así mesmo, suspéndese o outorgamento das seguintes licenzas nas áreas afectadas polo plan especial e cuxas novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente, por un período de 12 meses.
Se transcorrido o dito prazo non se presentaron alegacións, o documento será elevado para a súa aprobación definitiva.
Vila de Cruces, 15 de xullo de 2024
Luis Celso Taboada Sánchez
Alcalde
