DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 9 de agosto de 2024 Páx. 46168

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 26 de xullo de 2024 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de trazado de mellora da drenaxe das estradas PO-550 e PO-504 en Meaño e Sanxenxo, de clave PO/24/021.02, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto.

Mediante a Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas do 24 de xullo de 2024 realizouse a aprobación provisional do proxecto de trazado de mellora da drenaxe das estradas PO-550 e PO-504 en Meaño e Sanxenxo, de clave PO/24/021.02, nos concellos de Meaño e Sanxenxo (Pontevedra), que se tramitará segundo o disposto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.

Considerando o exposto e o establecido na normativa vixente,

ACORDO:

Primeiro. Someter ao trámite de información pública o proxecto de trazado de mellora da drenaxe das estradas PO-550 e PO-504 en Meaño e Sanxenxo, de clave PO/24/021.02, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular, mediante escrito dirixido á Axencia Galega de Infraestruturas, as alegacións que crean convenientes relativas á concepción global da actuación e das distintas alternativas analizadas, de ser o caso, de acordo co disposto no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.

Segundo. Someter ao tramite de información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto, descritos na relación anexa, para que calquera persoa poida achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros da relación publicada ou oporse, por razóns de fondo ou forma, á necesidade da ocupación. Neste caso indicará os motivos polos que deba considerarse preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos e non comprendidos na relación, como máis conveniente ao fin que se persegue, de acordo co disposto nos artigos 17, 18 e 19 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Terceiro. Do mesmo xeito, sométese o presente proxecto a información pública aos efectos do establecido no Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, en relación coa protección do dominio público hidráulico e coas actuacións neste ou na súa zona de policía.

Cuarto. O prazo para presentar alegacións será de trinta (30) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación que compón o proxecto estará a disposición da cidadanía na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, núm. 43, 1º andar, 36071 Pontevedra) e nas casas dos concellos de Meaño e Sanxenxo.

Así mesmo, a documentación íntegra do proxecto e un extracto do documento, cos obxectivos, localización e descrición da actuación, estarán dispoñibles na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/informacion-publica/estudos

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2024

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Mellora da drenaxe das estradas PO-550 e PO-504 en Meaño e Sanxenxo

Clave: PO/24/021.02

Concello de Sanxenxo

Referencia

catastral

Polígono

Parcela

Titular

NIF

Clase de solo

(catastro)

Clasificación

urbanística

Sit. básica do solo

(Real decreto

lexislativo 7/2015)

Expropiación

Bens afectados

Cant.

Ud.

Descrición

1

36051A040003120001GI

40

312

Blanco Padín Peregrina

(hrdos.)

***5094**

Urbano

S. urbano consolidado

Urbano

297,61

5

m3

Muro de cachotaría

10

m3

Bloques granito

7

ud

Columna granito

2

36051A040060000000FD

40

6000

En

investigación

---

Urbano

S. urbano consolidado

Urbano

26