DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 9 de agosto de 2024 Páx. 46139

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Pontedeume (expediente IN407A 2024/143-1).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Titular: CPP avenida Dr. Villanueva, núm. 66, Edif. Mirando al Mar, núms. 5-6-7.

Domicilio social: avenida Doctor Villanueva, núm. 66, Edificio Mirando al Mar, núms. 5-6-7, Pontedeume, A Coruña.

Denominación do proxecto: proxecto para LMTS, CTC, RBTS en avenida Doctor Villanueva, núm. 66 (Pontedeume).

Situación: avenida Doctor Villanueva, núm. 66, Edificio Mirando al Mar, núms. 5-6-7, Pontedeume, A Coruña.

Características técnicas:

Liña soterrada de alta tensión en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240), con inicio e fin na liña de distribución existente VDC706 Pontedeume-Coog. M. Mendaña, no tramo comprendido entre o CT 15SJVY Valeriano Villanueva e o CT 15CWT6 Boa Vista, realizando entrada/saída no CT proxectado, cunha lonxitude de 652 m.

Centro de transformación compacto de manobra exterior, 2L1P, en local na planta baixa do edificio, composto por 2 celas prefabricadas de liña e 1 cela de protección con fusibles (24 kV, 400 A, 16 kA) e transformador de 630 kVA, refrixeración natural, en baño de aceite mineral e relación de transformación 15/0.42 kV.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta dirección territorial.

RESOLVE:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da referida instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

O prazo de vixencia da autorización é dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A presente autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo do de terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal na que puidese incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra o presente acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 112,115,121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 15 de xullo de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña