De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, fago público, para xeral coñecemento, que mediante Resolución da dirección de Augas de Galicia de data do 25 de abril de 2024 e como resultado do expediente instruído para o efecto, outorgouse a Escurís, S.L. a modificación de características da concesión dun caudal de auga que se lle outorgara na resolución de Augas de Galicia do 21.1.2013, modificación que consiste no cegado dos seis pozos contiguos actuais de captación por terse sufrido obturación, e na execución de seis pozos contiguos novos comunicados por leito de grava, para aproveitar 4,99 l/s de auga, situados no lugar da Baiuca, parroquia do Caramiñal, no concello da Pobra do Caramiñal (A Coruña), con destino a uso industrial.
Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2024
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións
