DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 9 de agosto de 2024 Páx. 46161

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 23 de xullo de 2024, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade da resolución de modificación de características ditada no expediente DH.A36.68138.

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, fago público, para xeral coñecemento, que mediante Resolución, da dirección de Augas de Galicia, do 14 de maio de 2024 e como resultado do expediente instruído para o efecto, outorgouse a Basilio Rivera Blanco a modificación de características da concesión dun caudal de auga que se lle outorgara na Resolución, de Augas de Galicia, do 21.7.2022, modificación que consiste en engadir un novo punto de captación, un segundo pozo, situado no lugar de Maceira, Maceira (San Martiño), no concello de Lalín (Pontevedra), para aproveitar 1,75 l/s de auga, con destino a uso gandeiro.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2024

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións