DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 9 de agosto de 2024 Páx. 46160

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 23 de xullo de 2024, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade da resolución de modificación de características ditada no expediente DH.A36.71010.

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, fago público, para xeral coñecemento, que mediante Resolución da dirección de Augas de Galicia do 14 de maio de 2024 e como resultado do expediente instruído para o efecto, outorgouse a Gumersindo Carral Gómez a modificación de características da concesión dun caudal de auga que se lle outorgara na resolución de Augas de Galicia do 23.3.2023, modificación que consiste no cambio de localización do punto de captación P3 para aproveitar 0,81 l/s de auga, procedente de 3 pozos situados no lugar de Peteiro, parroquia de Maceira (San Martiño), no concello de Lalín (Pontevedra), con destino a uso doméstico e gandeiro.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2024

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións