DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 9 de agosto de 2024 Páx. 45975

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2024 pola que se fai pública a composición da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA), consonte o disposto nos seus estatutos.

O artigo 23 dos estatutos do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), aprobados polo Decreto 6/2018, do 11 de xaneiro, establece que a Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA) estará constituída polo seu presidente ou presidenta, a directora ou director do consorcio, que asistirá ás xuntanzas con voz en sen voto, e oito vogais elixidos polo Consello Reitor, nomeados pola presidenta ou presidente deste, seis dos cales serán nomeados de entre destacados membros da comunidade académica e científica, nacional ou internacional, un será nomeado de entre destacados membros do ámbito profesional ou empresarial galego, con recoñecida experiencia e traxectoria en materia de avaliación universitaria, e outro será nomeado de entre o estudantado das universidades do SUG integrantes do consorcio.

O punto terceiro do citado artigo establece que os vogais da CGIACA serán nomeados por un período de catro anos, e cada dous anos renovarase a metade dos vogais académicos.

Transcorrido o mandato establecido nos estatutos, na xuntanza do Consello Reitor da ACSUG, do 22 de xullo de 2024, elixíronse tres novos vogais académicos, todos eles nomeados polo presidente da ACSUG.

De conformidade co establecido no punto 2 do artigo 23 dos estatutos da ACSUG, a composición da CGIACA debe publicarse no Diario Oficial de Galicia.

Polo exposto, faise pública a composición da citada comisión:

Presidente:

• Miguel Ángel Santos Rego: catedrático de Teoría e Historia da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

Vogais:

• Inmaculada Anaya Revuelta, profesora titular de Lingua Española da Universidade de Vigo. Vogal académica.

• María Belén Bande Vilela, catedrática de Comercialización e Investigación de Mercados da Universidade de Santiago de Compostela. Vogal académica.

• Carlos Vázquez Cendón, catedrático de Matemática Aplicada da Universidade da Coruña. Vogal académico.

• María José Domínguez Vázquez, catedrática de Filoloxía Alemá da Universidade de Santiago de Compostela. Vogal académica.

• Emilio Martín Gutiérrez, profesor titular de Mecánica dos Medios Continuos e Teoría de Estruturas da Universidade da Coruña. Vogal académico.

• María Paloma Morán Martínez, catedrática de Xenética da Universidade de Vigo. Vogal académica.

• Sandra María Martínez Gómez, alumna de grao da Universidade de Vigo. Vogal nomeada en representación do alumnado do Sistema universitario de Galicia.

• Fernando Barros Fornos, ecónomo diocesano de Santiago de Compostela. Vogal en representación do ámbito profesional e empresarial galego.

• José Eduardo López Pereira, director da ACSUG. Vogal con voz e sen voto.

Secretario:

• Francisco Rico Rey, técnico da ACSUG. Secretario da CGIACA, con voz e sen voto.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2024

Juan José Nieto Roig
Presidente do consorcio Axencia para a Calidade
do Sistema Universitario de Galicia