DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 9 de agosto de 2024 Páx. 45977

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 12 de xuño de 2024 sobre delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica e noutros órganos desta consellería.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 117, do 18 de xuño de 2024, cómpre facer as seguintes correccións:

– No artigo 1.2, onde di: «Así mesmo, delégase na persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes o exercicio da competencia para a designación das comisións de servizo con dereito a indemnización prevista no artigo 4 do Decreto 144/2001, do 7 de xuño, das persoas titulares da Secretaría Xeral para o Deporte, das direccións xerais e das delegacións territoriais, así como do persoal dependente da Secretaría Xeral Técnica», debe dicir: «Así mesmo, delégase na persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes o exercicio da competencia para a designación das comisións de servizo con dereito a indemnización prevista no artigo 4 do Decreto 144/2001, do 7 de xuño, das persoas titulares da Secretaría Xeral para o Deporte, das direccións xerais e dos departamentos territoriais, así como do persoal dependente da Secretaría Xeral Técnica».

– No artigo 1.4, onde di: «Delégase nas persoas titulares dos departamentos territoriais da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes o exercicio da competencia para a designación das comisións de servizo con dereito á indemnización do persoal da correspondente xefatura territorial», debe dicir: «Delégase nas persoas titulares dos departamentos territoriais da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes o exercicio da competencia para a designación das comisións de servizo con dereito á indemnización do persoal do correspondente departamento territorial».