O día 2 de xullo de 2024, a directora territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador 20240056TA-LU, incoado á persoa que se sinala no anexo.
Intentouse notificar este acordo segundo o disposto no artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non se puido efectuar, polo que, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, se lle notifica á persoa interesada o contido do referido acordo que figura como anexo.
Así mesmo, de acordo co disposto nos artigos 64.2.f) e 76 da Lei 39/2015, ten dereito a presentar alegacións, ante este departamento territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio. Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias deste departamento territorial, sito na rúa Montevideo, 9, de Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Advírteselle que, se non efectúa alegacións no citado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución, consonte o establecido no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.
Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.
Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Lugo, 24 de xullo de 2024
A directora territorial de Lugo
P.S. (Artigos 20.3 e 21.1.a) do Decreto 144/2024,
do 20 de maio; DOG do 27 de maio)
Enrique Victorino Rodríguez Díez
Xefe do Servizo de Xestión
ANEXO
Número de expediente: 20240056TALU.
Pasaporte da persoa interesada: MV9645617.
Último enderezo coñecido: travesía El Molino, 9, 04617 Palomares, Cuevas de Almanzora, Almería.
Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Preceptos presuntamente infrinxidos: artigo 7.ñ) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, modificada pola Lei 42/2010, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.
Tipificación provisional: unha infracción leve.
Sanción proposta: trinta euros (30,00 €).
