DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 12 de agosto de 2024 Páx. 46369

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 12 de xullo de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente BS611A 2023/1992-1 e tres máis.

De conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para proceder á notificación das resolucións das reclamacións previas ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, ou aos seus representantes debidamente acreditados.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas, ou as súas persoas representantes debidamente acreditadas, poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, contra as resolucións que se notifican, poderá interpoñerse a demanda perante a xurisdición social no prazo de 30 días, contados desde o día seguinte ao da notificación das ditas resolucións, practicadas por comparecencia, de conformidade co artigo 71.6 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

A Coruña, 12 de xullo de 2024

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS611A

Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

2023/1992-1

76476612W

Desestimación da reclamación

14.6.2024

2023/4965-1

44981081G

Desestimación da reclamación

31.5.2024

2024/1689-1

49205521B

Desestimación da reclamación

22.5.2024

2024/4620-1

32810187C

Desestimación da reclamación

16.5.2024