Expediente: IN407A 2024/42-1.
Solicitante/promotor: UFD Distribución de Electricidad, S.A.
Denominación: instalación de telecontrol en LMT CES703 en AW71P857//46-1.
Termo municipal: Curtis.
1. Características técnicas:
Instalación de reconectador telecontrolado (RTC) no apoio número AVQW6F42//50-1 tipo C-1000/16 da LMT CES703 campo da feira-Teixeiro 3 (expediente 31.962) procedente da subestación Cesuras, para substituír por un tipo C-2000/18. Retensado do van existente entre os apoios número AV74O082//46, no que se desmantelará o curtacircuítos fusibels XS existente, e o número AW6JYX5S//46-2.
As instalacións atópanse no lugar da Fonte, parroquia de Fisteus, no concello de Curtis.
2. Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.
A Coruña, 11 de xullo de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Concello de Curtis.
Instalación de telecontrol en LMT CES703 en AW71P857//46-1.
|
Nº de parcela |
Lugar |
Referencia catastral |
Cultivo |
Titularidade |
Afección de solo |
|
|
Apoio nº |
m2 |
|||||
|
1 |
Cruz do Pao |
15032A028005610000DQ |
Rústico, agrario, piñeiral madeirable |
Jose Ángel Vilariño Vázquez |
46.1 |
2.0 |
