Expediente: IN407A 2024/102-1.
Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: LMT, CTC e RBTS O Castriño.
Concello: Rianxo.
1. Características técnicas:
Novo centro de transformación de tipo prefabricado rural de 100 kVA, manobra exterior con envolvente de formigón, con acceso desde vía pública.
Para a execución do entroncamento coa liña LMTA BOI808, substitúese o apoio número 52 existente de tipo HV S-AL 13/400-B1-CS por un novo apoio de celosía metálica de tipo C 16/2000-H35-CA, con interruptor-seccionador TC. O cantón de liña existente que se reforma ten a súa orixe no apoio número 49 e finaliza no apoio número 53 da LMTA BOI808, sendo a lonxitude deste tramo de liña que se retensa de 494 metros.
O novo centro de transformación, aliméntase mediante un novo tramo de liña de media tensión subterráneo en condutor de tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV 3 (1×150) mm2 Al, canalizado en gabia de dimensións de 0,40 m de ancho e entre 1,00 e 1,40 metros de profundidade, aloxado en tubo de polipropileno de 160 mm de diámetro, e instálanse tubos de reserva. O tramo de liña ten o seu inicio no paso de aéreo a soterrado para realizar no novo apoio número 52 de tipo C-16/2000-H35-CA da LMTA no que se instalan pararraios autoválvulas de 24 kV/10 kA e un interruptor-seccionador TC, e finaliza no novo centro de transformación. A lonxitude total da LMTS é de 548 metros.
2. Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.
A Coruña, 12 de xullo de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Concello de Rianxo.
LMTS, CTC e RBTS O Castriño.
|
Número de parcela |
Lugar e referencia catastral |
Cultivo |
Propietario/a |
Afección de solo en pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
||||
|
Apoio número |
m2 |
ml aér. |
ml sot. |
m2 aér. |
m2 sot. |
||||
|
1 |
Agro do Muíño Referencia catastral: 15073A66003880000FB |
Prado |
José Fulgencio Nine |
52 |
2.0 |
3.0 |
8.0 |
||
|
2 |
r/ Castriño, 4 Referencia catastral: 4545018NH1244N0001FY |
Labor |
Descoñecido/a |
Centro de transformación |
35.0 |
5.0 |
14.0 |
||
Abreviacións:
|
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais. |
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais. |
|
m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2. |
m2 sot.: superficie de servidume soterrada. |
