Expediente: IN407A 2023/127-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación do proxecto: modificado M1 do proxecto para LMT CT RBT Oldar.
Concello: Ortigueira.
Feitos:
1. O día 25.8.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de mellorar a calidade da subministración eléctrica no lugar de Oldar.
Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, presentaron o proxecto de execución denominado Modificado M1 do proxecto para LMT CT RBT Oldar, asinado o día 31.7.2024 por Javier Fernández Pazos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, núm. colexiado 502 de Ourense, e un informe para a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, asinado o 14.6.2024 polo mesmo enxeñeiro.
2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Ortigueira e Axencia Galega de Infraestruturas. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co informe emitido no prazo outorgado para ese efecto por parte da Axencia Galega de Infraestruturas, sen que conste no expediente resposta do concello na data desta resolución.
4. O día 2.7.2024 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
Segunda. Lexislación de aplicación.
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
Terceira. Características técnicas:
As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas no lugar de Olgar, no concello de Ortigueira, e as súas características técnicas son as seguintes:
Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 519 m, con orixe no apoio con matrícula BDLGPL6D, tipo C-2000-16, da LMT MEA809, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 KV. 1×150 mm² Al, e final no CT proxectado.
Instalación dun interruptor telecontrolado no apoio no cal se realiza o PAS da liña subterránea.
Retensado do condutor tipo LA-56 mm2 existente entre os apoios núm. BDO2AE5Q//D125-B-10 e núm. DHKA957//D125-B-12, cunha lonxitude de 408 m.
Centro de transformación tipo rural con envolvente prefabricada manobra exterior, de 100 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400 V.
Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
De acordo con todo o exposto,
RESOLVO:
1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.
2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
3. Para a posta en explotación da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado do/a director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.
• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.
Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.
A Coruña, 11 de xullo de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
