O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 30.7.2024, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle para a ordenación dos volumes de dúas parcelas situadas no lugar de Nabeiras da parroquia de Sésamo, que promoven José Andrés Pérez Vidal, Berta Fernández Méndez, Juan Carlos Fernández Méndez e Susana Fernández Rodríguez, segundo a documentación co código de verificación COVE 1Q2H 6M1X 133F 170R 1546, que redactou o arquitecto Antonio Pernas Varela e a asinou o 23.5.2024, o 9.6.2024 e o 11.6.2024.
Segundo. Ordenar a realización dos trámites administrativos que se recollen nos artigos 82 a 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e concordantes do regulamento que a desenvolve, para procurar a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do estudo de detalle.
Terceiro. Notificar o acordo de forma individual ás persoas titulares catastrais dos terreos afectados.
O estudo de detalle aprobado poderase examinar na Área de Urbanismo (na casa do concello, situada na rúa do Concello, número 12, Culleredo), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas. Tamén se poderá examinar no portal de transparencia municipal, na páxina web institucional (https://www.culleredo.es/urbanrede).
Culleredo, 6 de agosto do 2024
O alcalde
P.D. (Resolución do 4.7.2023; BOP número 131, do 11.7.2023)
Marta María Iglesias Becerra
Concelleira delegada da Área de Urbanismo
