Mediante a Resolución da Alcaldía deste concello, do 17 de xullo de 2024, aprobouse a oferta de emprego público para o ano 2024, correspondente á seguinte praza:
– Unha praza de técnico medio de xestión-funcionario/a (grupo A2), da escala de Administración xeral (subescala técnica).
En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e do artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para o ano 2024.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pódese interpor alternativamente ou recurso de reposición potestativo ante a Alcaldía, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interporse recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.
Coles, 17 de xullo de 2024
Manuel Rodríguez Vázquez
Alcalde
