Sendo preciso o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e da retirada de árbores das especies incluídas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e conforme o establecido no artigo 22.3 da Lei 3/2007 e nos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados nun procedemento son descoñecidos, ou non sexa posible a notificación aos interesados, as notificacións efectuaranse mediante un anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado cos datos identificativos do terreo, e a eficacia do acto notificado quedará supeditada á publicación no Boletín Oficial del Estado.
Por medio deste anuncio comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga de xestión da biomasa e/ou retirada das especies arbóreas prohibidas, para o cal son requiridas e se lles concede un prazo máximo de quince (15) días naturais desde a publicación no Boletín Oficial del Estado deste anuncio.
Transcorrido o devandito prazo, e no caso de persistencia no incumprimento, procederase á execución subsidiaria con repercusión na propiedade dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda pola comisión dunha infracción leve tipificada no artigo 50.2.1 da Lei 3/2007, sancionable con ata 1.000 €, segundo establece o artigo 74 da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes.
Ademais, advírteselles que o incumprimento da xestión da biomasa conforme o artigo 21.ter da Lei 3/2007 poderá supoñer a repercusión dos gastos de extinción de incendios, no caso de producírense, conforme o establecido no artigo 48.9 do citado texto legal.
Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas interesadas que poderán acceder ao expediente completo nas oficinas municipais do Concello de Cenlle.
|
Nº expediente |
Nome/DNI/CIF |
Referencia catastral |
|
78/2024 |
Veciños de Cuñas, Osmo, Roucos |
32026A002030000000TX |
|
129/2024 |
Florento Vila Casares |
32026A021001850000TL |
|
131/2024 |
Rosa Fernández Rodríguez |
32026A021001840000TP |
|
132/2024 |
Veciños de Saa |
32026A020010000000TI |
|
187/2024 |
Veciños de Cenlle e Sadurnín |
32026A021010000000TM |
|
137/2024 |
Manuel Sierra Carrasco |
32026A020002520000TX |
|
139/2024 |
En investigación |
32026A019007240000TH |
|
111/2024 |
Jesús González Fernández |
32026A012001950000TG |
|
127/2024 |
Antonio Fernández Mosquera |
32026A014006310000TL |
|
282/2023 |
Carmen Ozores Diéguez |
32026A011003530000TF |
|
152/2024 |
Marina Sánchez Pascual |
32026A011003040000TU |
|
151/2024 |
José Castro |
32026A011003020000TS |
|
149/2024 |
Camilo Fernández Diéguez |
32026A011002990000TJ |
|
150/2024 |
Manuela Iglesias Villamarín |
32026A011003000000TJ |
|
157/2024 |
Carmen Ozores Diéguez |
32026A011004020000TH |
|
159/2024 |
Eulogia Álvarez González |
32026A011004010000TU |
|
160/2024 |
Manuela Iglesias Villamarín |
32026A011004000000TZ |
|
161/2024 |
En investigación |
32026A011050110000TP |
|
107/2024 |
Delfina Montero Díaz |
32026A020004760000TI |
|
165/2024 |
Asunción Ramos |
32026A014006170000TH |
|
166/2024 |
Antonio Fernández Mosquera |
32026A014006180000TW |
|
167/2024 |
Ramón Iglesias Alén |
32026A014006190000TA |
|
173/2024 |
En investigación |
32026A018007910000TQ |
|
181/2024 |
En investigación |
32026A009006620000TE |
Cenlle, 12 de xullo de 2024
Rebeca Sotelo Fernández
Alcaldesa
