Logo da solicitude do concesionario Monte Real Club de Yates de Baiona, a Presidencia de Portos de Galicia acordou, o día 20.5.2024, iniciar o trámite de modificación substancial da concesión para a construción e explotación de instalacións para a navegación recreativa no porto de Baiona.
O obxecto da modificación é a inclusión do servizo especial de pasaxe nas actividades que se desenvolven na concesión.
En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, faise público para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada, usando o procedemento xenérico PR004A, ou nun rexistro habilitado para o efecto, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2024
José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia
