De conformidade co establecido nos artigos 168 da Lei de Galicia 2/2016, do solo de Galicia, e 401 do seu regulamento, Decreto da Xunta de Galicia 143/2016, sométese a información publica polo prazo dun mes o convenio urbanístico de xestión para a execución do proxecto coñecido como Parque Coto de Canedo.
As partes que se comprometen á súa sinatura son:
– Concello de Ourense.
– Xunta de compensación do polígono 1 da AR 2 da zona 2 do SU 32 do PXOU de Ourense de 1986.
O contido íntegro do dito convenio está dispoñible no sitio http/sede.ourense.gob.es (código CSV: BXFEQTG318VH07D4 e 15RAMQMPDZCE81IX) e na páxina web do Concello (ourense.gal), na epígrafe Áreas-Urbanismo, licenzas e vivenda-Taboleiro de anuncios.
Ourense, 2 de xullo de 2024
Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde presidente
