DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 14 de agosto de 2024 Páx. 46806

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2024 pola que se publican as porcentaxes de reserva de solo para vivenda protexida correspondentes ao ano 2024.

A Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, dispón o seguinte no seu artigo 42.9:

«Os plans xerais deberán prever unhas reservas de solo para a vivenda suxeita a algún réxime de protección pública que, como mínimo, comprenderán os terreos necesarios para realizar o 30 % da edificabilidade residencial prevista pola ordenación urbanística no solo urbanizable e no solo urbano non consolidado regulado no artigo 17.b).1. Esta proporción será do 10 % no suposto do solo urbano non consolidado regulado no artigo 17.b).2. No suposto do solo urbano non consolidado regulado no artigo 17.b).3, non será obrigatorio prever unha reserva para vivenda suxeita a algún réxime de protección.

Excepcionalmente, os plans xerais, atendendo á demanda real de vivenda protexida, poderán fixar unha reserva inferior axustada á porcentaxe de reserva total de solo para vivenda protexida do concello e aos diferentes réximes de vivenda protexida. A porcentaxe de reserva total do concello determinaraa anualmente o Instituto Galego da Vivenda e Solo, con base nos inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia. A resolución que determine esta porcentaxe será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Cando se produza unha variación de máis ou menos dous puntos porcentuais da porcentaxe de reserva total de solo para vivenda protexida do concello establecida no plan xeral respecto da última publicada, o pleno do concello, por maioría absoluta, e sen necesidade de seguir o procedemento de modificación do plan, deberá acordar a modificación das porcentaxes de reserva e axustalas á resolución do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Estarán exentos das reservas de solo reguladas neste punto aqueles concellos que conten con menos de 5.000 habitantes inscritos no padrón municipal no momento da aprobación inicial do plan xeral, cando este non conteña previsión para novos desenvolvementos urbanísticos en solos clasificados como urbanos non consolidados e urbanizables que na totalidade do municipio superen as 300 vivendas».

Pola súa parte, o artigo 77 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, establece:

«1. Os plans xerais deberán prever unhas reservas de solo para a vivenda suxeita a algún réxime de protección pública que, como mínimo, comprenderán os terreos necesarios para realizar o 30 % da edificabilidade residencial prevista pola ordenación urbanística no solo urbanizable e no solo urbano non consolidado regulado no artigo 17.b.1) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro. Esta proporción será do 10 % no suposto do solo urbano non consolidado regulado no artigo 17.b.2) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro. No suposto do solo urbano non consolidado regulado no artigo 17.b.3) da lei, non será obrigatorio prever unha reserva para vivenda suxeita a algún réxime de protección (artigo 42.9 da LSG).

2. Excepcionalmente, os plans xerais, atendendo á demanda real de vivenda protexida, poderán fixar unha reserva inferior axustada á porcentaxe de reserva total de solo para vivenda protexida do concello e aos diferentes réximes de vivenda protexida. A porcentaxe de reserva total do concello determinaraa anualmente o Instituto Galego da Vivenda e Solo, con base nos inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia, así como a porcentaxe media para o conxunto da Comunidade Autónoma. En ningún caso a porcentaxe de reserva fixada para un concello poderá ser inferior á dita media. A resolución que determine a porcentaxe que resulte para cada concello será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

3. Cando se produza unha variación de máis ou menos dous puntos porcentuais da porcentaxe de reserva total de solo para vivenda protexida do concello establecida no plan xeral respecto da última publicada, o pleno do concello, por maioría absoluta, e sen necesidade de seguir o procedemento de modificación do plan, deberá acordar a modificación das porcentaxes de reserva e axustalas á resolución do Instituto Galego da Vivenda e Solo (artigo 42.9 da LSG).

4. Estarán exentos das reservas de solo reguladas neste artigo aqueles concellos que conten con menos de 5.000 habitantes inscritos no padrón municipal no momento da aprobación inicial do plan xeral, cando este non conteña previsión para novos desenvolvementos urbanísticos en solos clasificados como urbanos non consolidados e urbanizables que na totalidade do municipio superen as 300 vivendas (artigo 42.9 da LSG).

5. As reservas para a construción de vivendas protexidas deberán localizarse favorecendo o principio de cohesión social e conforme as seguintes regras en función da clasificación do solo:

– No solo urbano non consolidado deberá acreditarse o cumprimento da reserva para vivenda protexida no distrito.

– No solo urbanizable deberá acreditarse o cumprimento da reserva para vivenda protexida no sector (artigo 42.10 da LSG).

6. O previsto neste artigo resulta de aplicación a todos os plans xerais de ordenación municipal, con independencia da forma de fixación da reserva e da súa contía. Enténdese que a porcentaxe final que se fixe se axusta á resolución do Instituto Galego da Vivenda e Solo cando iguale ou supere a reserva establecida nesta».

A citada normativa deixa á consideración do Instituto Galego da Vivenda e Solo a determinación anual da referida porcentaxe; para tal efecto, o citado organismo, mediante Resolución do 15 de febreiro de 2017 (DOG nº 42, do 1 de marzo), estableceu o método de cálculo aplicable.

Por todo o exposto, en virtude das atribucións que me confire o artigo 12 do Decreto 143/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Instituto Galego da Vivenda e Solo,

RESOLVO:

Primeiro. Establecer as porcentaxes de reserva de solo para vivenda protexida para o ano 2024 que figuran no anexo desta resolución.

Segundo. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Instituto Galego da Vivenda e Solo da listaxe das ditas porcentaxes.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2024

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Porcentaxe de reserva de solo para vivendas protexidas por concellos de máis de 5.000 habitantes.

Porcentaxe media para o conxunto de Galicia: 7,64 %.

Concello

Inscritos

Padrón

PRTC

Porcentaxe

aplicable

Abegondo

4

5.584

0,72 %

7,64 %

Allariz

30

6.378

4,70 %

7,64 %

Ames

118

32.482

3,63 %

7,64 %

Ares

4

6.132

0,65 %

7,64 %

Arteixo

121

33.516

3,61 %

7,64 %

Arzúa

0

5.901

0,00 %

7,64 %

Baiona

30

12.407

2,42 %

7,64 %

Barbadás

9

11.140

0,81 %

7,64 %

Barco de Valdeorras, O

34

13.277

2,56 %

7,64 %

Bergondo

1

6.951

0,14 %

7,64 %

Betanzos

71

13.082

5,43 %

7,64 %

Boiro

27

18.984

1,42 %

7,64 %

Brión

26

8.145

3,19 %

7,64 %

Bueu

12

11.922

1,01 %

7,64 %

Burela

39

9.454

4,13 %

7,64 %

Caldas de Reis

57

9.620

5,93 %

7,64 %

Camariñas

0

5.151

0,00 %

7,64 %

Cambados

22

13.681

1,61 %

7,64 %

Cambre

114

24.739

4,61 %

7,64 %

Cangas

107

26.807

3,99 %

7,64 %

Cañiza, A

7

5.090

1,38 %

7,64 %

Carballiño, O

30

13.968

2,15 %

7,64 %

Carballo

31

31.416

0,99 %

7,64 %

Carral

7

6.700

1,04 %

7,64 %

Castro de Rei

3

5.015

0,60 %

7,64 %

Cedeira

0

6.529

0,00 %

7,64 %

Cee

19

7.660

2,48 %

7,64 %

Celanova

6

5.709

1,05 %

7,64 %

Cerceda

2

5.058

0,40 %

7,64 %

Cerdedo-Cotobade

50

5.687

8,79 %

8,79 %

Chantada

24

8.006

3,00 %

7,64 %

Coristanco

3

5.779

0,52 %

7,64 %

Coruña, A

2.442

247.376

9,87 %

9,87 %

Culleredo

136

30.864

4,41 %

7,64 %

Estrada, A

99

20.081

4,93 %

7,64 %

Fene

19

12.561

1,51 %

7,64 %

Ferrol

453

63.890

7,09 %

7,64 %

Foz

64

10.163

6,30 %

7,64 %

Gondomar

18

15.043

1,20 %

7,64 %

Grove, O

8

10.828

0,74 %

7,64 %

Guarda, A

10

9.998

1,00 %

7,64 %

Guitiriz

3

5.194

0,58 %

7,64 %

Lalín

71

20.282

3,50 %

7,64 %

Laracha, A

21

11.543

1,82 %

7,64 %

Lugo

988

98.214

10,06 %

10,06 %

Malpica de Bergantiños

2

5.241

0,38 %

7,64 %

Marín

97

24.197

4,01 %

7,64 %

Meaño

5

5.258

0,95 %

7,64 %

Melide

5

7.553

0,66 %

7,64 %

Miño

3

6.753

0,44 %

7,64 %

Moaña

41

19.315

2,12 %

7,64 %

Monforte de Lemos

113

18.234

6,20 %

7,64 %

Mos

319

15.076

21,16 %

21,16 %

Mugardos

5

5.228

0,96 %

7,64 %

Muros

3

8.251

0,36 %

7,64 %

Narón

185

39.051

4,74 %

7,64 %

Negreira

4

6.901

0,58 %

7,64 %

Nigrán

37

18.045

2,05 %

7,64 %

Noia

26

14.115

1,84 %

7,64 %

Oleiros

165

37.809

4,36 %

7,64 %

Ordes

7

12.669

0,55 %

7,64 %

Oroso

24

7.622

3,15 %

7,64 %

Ortigueira

20

5.477

3,65 %

7,64 %

Ourense

540

104.250

5,18 %

7,64 %

Outeiro de Rei

4

5.359

0,75 %

7,64 %

Outes

7

6.082

1,15 %

7,64 %

Oza-Cesuras

2

5.203

0,38 %

7,64 %

Padrón

5

8.355

0,60 %

7,64 %

Pereiro de Aguiar

5

6.647

0,75 %

7,64 %

Pobra do Caramiñal, A

4

9.227

0,43 %

7,64 %

Poio

89

17.297

5,15 %

7,64 %

Ponte Caldelas

7

5.553

1,26 %

7,64 %

Ponteareas

55

23.154

2,38 %

7,64 %

Ponteceso

7

5.399

1,30 %

7,64 %

Pontedeume

1

7.520

0,13 %

7,64 %

Pontes de García Rodríguez, As

32

9.867

3,24 %

7,64 %

Pontevedra

1.149

82.535

13,92 %

13,92 %

Porriño, O

157

20.562

7,64 %

7,64 %

Porto do Son

1

9.125

0,11 %

7,64 %

Redondela

74

28.937

2,56 %

7,64 %

Rianxo

3

10.854

0,28 %

7,64 %

Ribadeo

25

9.828

2,54 %

7,64 %

Ribadumia

47

5.189

9,06 %

9,06 %

Ribeira

26

27.030

0,96 %

7,64 %

Rosal, O

3

6.431

0,47 %

7,64 %

Sada

20

16.874

1,19 %

7,64 %

Salceda de Caselas

19

9.421

2,02 %

7,64 %

Salvaterra de Miño

15

10.274

1,46 %

7,64 %

San Cibrao das Viñas

1

5.675

0,18 %

7,64 %

Santa Comba

3

9.342

0,32 %

7,64 %

Santiago de Compostela

968

98.687

9,81 %

9,81 %

Sanxenxo

41

17.854

2,30 %

7,64 %

Sarria

112

13.221

8,47 %

8,47 %

Silleda

52

8.876

5,86 %

7,64 %

Soutomaior

27

7.603

3,55 %

7,64 %

Teo

23

19.034

1,21 %

7,64 %

Tomiño

18

13.836

1,30 %

7,64 %

Tui

29

17.327

1,67 %

7,64 %

Valdoviño

7

6.889

1,02 %

7,64 %

Valga

4

5.704

0,70 %

7,64 %

Vedra

1

5.019

0,20 %

7,64 %

Verín

28

13.612

2,06 %

7,64 %

Vigo

6.973

293.652

23,75 %

23,75 %

Vila de Cruces

7

5.082

1,38 %

7,64 %

Vilaboa

10

5.950

1,68 %

7,64 %

Vilagarcía de Arousa

322

37.689

8,54 %

8,54 %

Vilalba

85

13.870

6,13 %

7,64 %

Vilanova de Arousa

8

10.225

0,78 %

7,64 %

Vimianzo

0

6.840

0,00 %

7,64 %

Viveiro

49

15.221

3,22 %

7,64 %

Xinzo de Limia

6

9.529

0,63 %

7,64 %