DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 14 de agosto de 2024 Páx. 46857

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 29 de xullo de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento da folla de valoración por expediente de expropiación no concello de Carral (expediente IN407A 2022/344-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e requirimento da folla de valoración, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada instalación de telecontrol na LMT MEI703, apoio AHJBG2N0//43-6, no concello de Carral (expediente IN407A 2022/344-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A copia da acta e do depósito previo atópanse a dispor das persoas interesadas na sede da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15008 A Coruña, na Sección de Expropiacións (solicitando cita previa no teléfono de contacto 981 18 49 11), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As ditas persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para solicitar a remisión dos documentos devanditos ao enderezo que sinalen.

Transcorrido o prazo de dez días, indicado no parágrafo anterior sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 29 de xullo de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/344-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: instalación de telecontrol na LMT MEI703, apoio AHJBG2N0//43-6.

Concello: Carral.

Predio

Referencia catastral

Titularidade proposta

1

Polígono 26, parcela 346

Concepción Vázquez Ríos