Expediente: IN407A 2023/244-4.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: LMTS, novo CS Láser Galicia.
Concello: O Porriño.
Feitos:
1. O 27.4.2023, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMTS, novo CS Láser Galicia.
O proxecto de execución que acompaña a solicitude foi asinado pola enxeñeira técnica industrial Herminia López Caamaño, colexiada 4.598 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, e en que figura un orzamento total de 36.445,54 euros.
Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade as seguintes actuacións situadas no polígono industrial A Granxa, na parroquia de Atios, no concello do Porriño:
Substitución do centro de seccionamento Láser Galicia, S.L. (36CLF3) por outro centro de seccionamento compacto de manobra exterior 3L+TT con dúas celas de saída telecontroladas vía GPRS/3G en envolvente prefabricada de formigón.
Desmontaxe de 27 metros do tramo ATI7140179 e doutros 27 metros do tramo ATI7140171.
Instalación dunha liña de media tensión subterránea de 22 metros para alimentar o centro de seccionamento proxectado.
2. Este departamento territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello do Porriño e a Axencia Estatal de Seguridade Aérea. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos.
3. Como non foi posible efectuar a notificación á única persoa titular da parcela afectada pola declaración de utilidade pública solicitada pola empresa promotora, publicáronse os correspondentes anuncios no Diario Oficial de Galicia do 7.6.2023 e no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado do 13.6.2023, co fin de realizar a notificación por comparecencia.
4. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución do 12.5.2023 publicada nos seguintes medios:
DOG (Diario Oficial de Galicia): 8.6.2023.
Xornal Faro de Vigo: 20.3.2024.
Taboleiro de anuncios do Concello do Porriño, desde o 23.5.2023 ata o 4.7.2023, segundo certificado emitido polo propio concello.
Portal da transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
Durante este trámite non se recibiron alegacións.
Consideracións legais e técnicas
1. A Dirección Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).
2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:
Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.
Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.
Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.
Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.
3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:
Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1-20L(AS) 12/20 kV 1×240 mm2 Al, de 22 metros de lonxitude, coa orixe e final nos empalmes coas LMTS ATI7140179 e ATI7140171, facendo entrada e saída no centro de seccionamento (CS) proxectado.
Centro de seccionamento, 3L, 2 telecontroladas, con celas compactas e corte en SF6, situado na parcela con referencia catastral 001201200NG36C0001SM, no polígono A Granxa, rúa Paralela, núm. 2, parcela núm. 109.
Retirada do centro de seccionamento existente Láser Galicia, S.L. (36CLF3).
A instalación está situada no polígono A Granxa, rúa Paralela, núm. 2, parcela núm. 109, Atios, no municipio do Porriño (Pontevedra).
Conforme o indicado,
Resolvo:
1. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMTS, novo CS Láser Galicia, expediente IN407A 2023/244-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.
2. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícito a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
3. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
4. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial acompañada da seguinte documentación:
As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
Un certificado dirección final de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
5. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.
6. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.
Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Pontevedra, 23 de xullo de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
Anexo
Relación de bens e dereitos afectados-Concello do Porriño
|
Nº |
Lugar |
Cultivo |
Referencia catastral |
Titular |
CS (m2) |
|
1 |
Polígono A Granxa |
Rústico |
001201200NG36C0001SM |
Faustino Patiño Barbeito |
8,15 |
