En cumprimento do previsto no artigo 248 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:
Solicitante: Concello de Mañón.
NIF: P1504500H.
Expediente: DH.V15.102904.
Lugar: O Porto do Barqueiro.
Parroquia: Mogor.
Concello: Mañón.
Tipo de vertedura: augas residuais urbanas depuradas.
Caudal máximo anual: 65.700 m3/ano.
Punto de vertedura: X=604.728; Y=4.843.554.
Medio receptor: Ría do Barqueiro (bacía da ría de Ortigueira).
Tratamento/evacuación:
As augas residuais urbanas recollidas no saneamento do núcleo do Porto do Barqueiro-Mogor, son tratadas en dous sistemas de depuración de aireación prolongada con tratamento terciario por ozonización e hipoclorito sódico, deseñados cada un deles para 500 habitantes equivalentes; o efluente depurado verte á ría do Barqueiro mediante condución de PVC.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela, solicitando cita previa no teléfono 981 54 50 87.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2024
Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras
