En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Concello de Barro.
Expediente: DH.A36.95739.
Volume total anual: 7.884,00 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,25 l/s.
Destino: outros usos industriais: lecer e turismo (fonte).
Orixe: manancial na parcela 60, polígono 205, do catastro de Barro.
Lugar: Briadoiro.
Parroquia: Portela.
Concello: Barro.
Descrición:
A auga cáptase nunha arqueta de formigón á beira do Rego da Costa e condúcese baixo a estrada N-550 ata unha arqueta na parcela 10103, da cal parte un tubo ao conxunto etnográfico na beirarrúa ao noroeste desa parcela, onde abastece a fonte.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra), solicitando cita previa no enderezo electrónico dgs.augas@xunta.gal
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións pública.
Vigo, 22 de xullo de 2024
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona
Hidrográfica de Galicia Sur
