De conformidade co disposto no artigo 109 do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, Augas de Galicia somete ao trámite de información pública as solicitudes e documentación técnica achegada polos participantes no concurso de clave AC/7/180 que se mencionan no anexo, para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións consideren procedentes, persoalmente ou por medio dun representante con poder suficiente, e que poderán presentarse por calquera dos medios recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dentro do prazo de 20 días hábiles, que comezará a computarse a partir da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Para os expresados efectos, estará dispoñible un exemplar da documentación técnica achegada polo peticionario para que poida ser examinado nas dependencias administrativas de Augas de Galicia, sitas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15703 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o que se poderá solicitar cita previa en calquera dos teléfonos seguintes: 981 54 39 61, 981 54 53 45 ou 981 54 54 76, así como nas dependencias do Concello de Mazaricos e na páxina web deste organismo de bacía http://augasdegalicia.xunta.gal (na sección denominada Participación pública).
Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2024
Roberto Arias Sánchez
Comisario de Augas
ANEXO
|
Peticionario: |
Feroe Ventures & Investments, S.L. |
|
Concello afectado: |
Mazaricos |
|
Provincia: |
A Coruña |
|
Denominación: |
central hidroeléctrica de bombeo Monte da Ruña |
|
Masa de auga afectada: |
encoro de Santa Uxía (ES.014.MR.184.000.03.01) |
|
Obxecto: |
almacenamento hidráulico de enerxía |
|
Tipo: |
central hidroeléctrica reversible |
|
Caudal de captación máximo solicitado: |
84,50 metros cúbicos/segundo |
|
Salto bruto máximo: |
420,00 metros |
|
Tipo de central: |
subterránea |
|
Enerxía almacenada: |
2,30 xigawatts hora |
|
Número de unidades bomba-turbina: |
2 |
|
Tipoloxía bomba-turbina: |
Francis de eixe vertical |
|
Potencia máxima ciclo de turbinado: |
395,15 megawatts |
|
Potencia máxima ciclo de bombeo: |
395,75 megawatts |
|
Caudal total turbinado: |
110,30 (2 x 55,15) metros cúbicos/segundo |
|
Caudal total bombeado: |
84,50 (2 x 42,25) metros cúbicos/segundo |
|
Volume total de escavación: |
2.088.637,08 metros cúbicos |
|
Volume sobrante: |
1.789.835,11 metros cúbicos |
|
Prazo de execución previsto: |
5 anos |
|
Orzamento de execución material: |
300.172.296,07 euros |
* Afeccións:
Efectuouse solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento hidroeléctrico para os efectos de expropiación forzosa e de imposición de servidumes.
ANEXO
|
Peticionario: |
Portodemouros Solar, S.L. |
|
Concello afectado: |
Mazaricos |
|
Provincia: |
A Coruña |
|
Denominación: |
central hidroeléctrica reversible de Mazaricos |
|
Masa de auga afectada: |
encoro de Santa Uxía (ES.014.MR.184.000.03.01) |
|
Obxecto: |
almacenamento hidráulico de enerxía |
|
Tipo: |
Central de bombeo puro |
|
Caudal de captación máximo solicitado: |
0,10 metros cúbicos/segundo |
|
Salto bruto máximo: |
356,50 metros |
|
Tipo de central: |
subterránea |
|
Enerxía almacenada: |
0,74 xigawatts hora |
|
Número de unidades bomba-turbina: |
2 |
|
Tipoloxía bomba-turbina: |
Francis reversible de eixo vertical |
|
Potencia máxima ciclo de turbinado: |
78,00 megawatts |
|
Potencia máxima ciclo de bombeo: |
78,00 megawatts |
|
Caudal total turbinado: |
28,10 (2 x 14,05) metros cúbicos/segundo |
|
Caudal total bombeado: |
20,42 (2 x 10,21) metros cúbicos/segundo |
|
Volume sobrante: |
2.782.584,00 metros cúbicos |
|
Prazo de execución previsto: |
4 anos |
|
Orzamento de execución material: |
117.140.281,45 euros |
* Afeccións:
Non se efectuou solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento hidroeléctrico para os efectos de expropiación forzosa nin a imposición de servidumes.
