DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 19 de agosto de 2024 Páx. 47021

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2024 pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 5 de agosto de 2024, polo que se declara unha área de rexeneración urbana de interese autonómico no concello de Monforte de Lemos.

En cumprimento do disposto no artigo 55.2 da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 5 de agosto de 2024, co seguinte texto literal:

«Declarar unha área de rexeneración urbana de interese autonómico (área Rexurbe) no concello de Monforte de Lemos, conforme a delimitación que se indica no plano anexo».

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2024

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

missing image file