DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 19 de agosto de 2024 Páx. 47051

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de xullo de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia en dilixencias por incumprimento en materia de montes (expediente APE 282/2023).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e debido á infrutuosa notificación dun requirimento para a retirada dunha repoboación forestal ilegal, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O acto foi adoptado pola directora territorial.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Montes do Departamento Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, núm. 70, das 9.00 ás 13.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte á súa finalización.

Lugo, 22 de xullo de 2024

María Olga Iglesias Fontal
Directora territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

NIF persoa interesada

Referencia catastral da parcela afectada

Acto de notificación

APE 282/2023

33855852J

27053A033001230000QA

Requirimento