Mediante a Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 7 de xuño de 2024, resolveuse a Orde do 4 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas ao reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica que dan servizo aos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede a súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento IN519D).
De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 9 do anexo I da Orde de convocatoria, procédese por medio desta resolución á publicación do extracto das axudas outorgadas pola Consellería de Economía e Industria pola dita resolución do 7 de xuño de 2024.
a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 4 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas ao reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica que dan servizo aos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento IN519D).
b) Aplicación orzamentaria: 39.02.732A.760.0.
c) Crédito orzamentario: 4.728.770,50 euros (472.877,05 euros para a anualidade 2024, 1.182.192,63 euros para a anualidade 2025 e 3.073.700,83 euros para a anualidade 2026).
d) Destinatarios: concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Finalidade: o reforzo e/ou a extensión das redes de distribución eléctrica que dan servizo aos parques empresariais existentes ou en desenvolvemento en Galicia.
f) Beneficiarios e importes das axudas: no anexo a esta resolución recóllense os beneficiarios e os importes das axudas.
Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2024
Margarita Ardao Rodríguez
Directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial
ANEXO
Subvencións concedidas
|
Solicitante |
NIF |
Expediente |
Liña |
Contía da axuda total |
|
Concello do Corgo |
P2701400J |
IN519D2024/02-0 |
Liña A-Proxectos que obtiveron axuda na convocatoria 2022-2023, cuxos solicitantes presentaron unha renuncia á axuda por falta de tempo para obter as autorizacións e executar os proxectos |
1.000.000,00 € |
|
Concello de Ribeira |
P1507400H |
IN519D2024/05-0 |
Liña B-Resto de proxectos |
478.567,06 € |
|
Concello de Gondomar |
P3602100D |
IN519D2024/01-0 |
Liña B-Resto de proxectos |
1.000.000,00 € |
|
Concello de Tordoia |
P1508500D |
IN519D2024/04-0 |
Liña B-Resto de proxectos |
560.661,32 € |
|
Concello de Ordes |
P1506000G |
IN519D2024/03-0 |
Liña B-Resto de proxectos |
130.299,03 € |
