DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 19 de agosto de 2024 Páx. 47038

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Foz (expediente IN407A 2023/373-2).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

– Peticionario: Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.

– Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

– Denominación: cambio de localización do CT Cabanas e LSAT 20 kV de alimentación.

– Situación: concello de Foz.

– Características técnicas principais:

• Reforma da liña aérea de alta tensión a 20 kV Cangas, con orixe no apoio existente 4BF040788 e final no apoio P1 proxectado tipo C-3000/14, cunha lonxitude de 271 metros en condutor LA-30 existente.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Cangas, con orixe no PAS instalado no apoio proxectado tipo C-3000/14 e final no CT 7321 Cabanas, cunha lonxitude de 80 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Centro de transformación prefabricado 7321 Cabanas, cunha potencia máxima admisible de 1.000 kVA e unha potencia inicial de 100 kVA (recuperado), no cal se instala unha cela de liña telemandada e unha de protección de transformador, relación de transformación 20.000/400-230V.

• Desmontaxe do CT 7922 Cabanas, de 110 metros de condutor tipo LA-30 e dun apoio de formigón.

– Finalidade da instalación: mellora das instalacións.

– Orzamento: 52.824,12 euros.

– Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello de Foz.

Esta dirección territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 15 de xullo de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo