DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 19 de agosto de 2024 Páx. 47044

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 29 de xullo de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se comunica o traslado da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de substitución de apoios na LMT ATI713 Casilla, realizada pola empresa beneficiaria da expropiación.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícase que a empresa beneficiaria da expropiación trasladou as follas de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada substitución de apoios na LMT ATI713 Casilla, que figuran no cadro anexo.

Os interesados poderán presentar, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, escrito no que acepten ou rexeiten a folla de valoración da empresa beneficiaria, no segundo caso, terán dereito a facer as alegacións que consideren oportunas, empregando os métodos de valoración que xulguen máis convenientes para xustificar a súa valoración e, así mesmo, achegar as probas que consideren oportunas na xustificación das ditas alegacións.

Vigo, 29 de xullo de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/131-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: substitución de apoios na LMT ATI713 Casilla.

Concello: O Porriño.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titular

1

36039A031001780000D

Requeixo

Descoñecido

2

36039A031001870000DR

Requeixo

Descoñecido

3

36039A031002040000DY

Maceira

Descoñecido