DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 19 de agosto de 2024 Páx. 47079

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de información pública sobre o convenio urbanístico mixto de planeamento e execución urbanística para a renovación urbana e posta en valor do espazo litoral dos polígonos RB1, RB2 e RB3 e dos núcleos Xubias de Arriba e Xubias de Abaixo da ría do Burgo (expediente 631/2024/172).

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 30.7.2024, acordou a tramitación do convenio urbanístico mixto de planeamento e execución urbanística para a renovación urbana e posta en valor do espazo litoral dos polígonos RB1, RB2 e RB3 e dos núcleos Xubias de Arriba e Xubias de Abaixo da ría do Burgo.

En cumprimento do disposto no artigo 168 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 401 do seu regulamento, unha vez que o dito convenio foi subscrito, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes, contado dende o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o convenio e formular as alegacións que procedan.

A documentación do convenio estará á disposición no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello, na epígrafe de información urbanística, e na web de Urbanismo, na epígrafe de exposición pública. Tamén poderá consultarse fisicamente nas dependencias da Área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto, 1-3), das 9.00 ás 13.00 horas.

A Coruña, 6 de agosto de 2024

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3531/2024, do 19 de xuño; BOP núm. 123, do 27 de xuño)
Francisco Dinís Díaz Gallego 
Concelleiro delegado responsable da Área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda