DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 19 de agosto de 2024 Páx. 47080

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cospeito

ANUNCIO de aprobación inicial de proxecto de expropiación forzosa (taxación conxunta).

De conformidade co disposto no artigo 118 da Lei do solo de Galicia, infórmase que, con data do 9 de agosto de 2024, mediante Resolución da Alcaldía, foi aprobado inicialmente o proxecto de expropiación forzosa (taxación conxunta), por razóns urbanísticas, co fin de obter os terreos necesarios para obtención de vías para a execución de obras de urbanización na rúa Curros Enríquez (Cospeito).

Así mesmo, acordouse someter o devandito proxecto a información pública por un período dun mes, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun dos diarios de maior circulación da provincia, así como proceder á notificación individualizada co traslado literal das follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas tanto con respecto ao expediente expropiatorio como á fixación do prezo xusto, por idéntico prazo dun mes.

A relación de bens e dereitos afectados é a seguinte:

Relación de bens e dereitos afectados

Nº predio

Titular

Ref. catastral

DNI

Clasificación urbanística

Destino

Superficie total (m2)

Superficie afectada en pleno dominio (m2)

1

Bello Méndez Emiliano (Herdeiros de)

27015A052007690000SU

***1127**

Solo urbano consolidado-S.V.

Pasto

1.536

112

2

Portela Fernández Félix

Lage Fernández María del Carmen

27015A052007710000SZ

***0619**

***0579**

Solo urbano consolidado-S.V.

Pasto

3.725

41

3

Porto Otero Jesús

Porto Otero María del Carmen

7015A052008310000SE

***0274**

***4083**

Solo urbano consolidado-S.V.

Monte alto mixto

1.657

48

4

Prieto Fernández María Ofelia

Prieto Fernández Felipe

Prieto Fernández Margarita

27015A052008600000SX

***3042**

***4227**

***4241**

Solo urbano consolidado-S.V.

Monte alto mixto

732

158

5

Concello de Cospeito (dominio público)

27015A052007570000SK

Solo urbano consolidado-S.V.

Pasto

45.824

598

6

Seoane Vázquez Teresa

27015A052007590000SD

***4495**

Solo urbano consolidado-S.V.

Monte alto mixto

1.874

287

7

Seoane Vázquez Teresa

7280124PH1878S0001HW

***4495**

Solo urbano consolidado-S.V.

Monte alto mixto

995

343

8

Seoane Vázquez Fermín

7280135PH1878S0001LW

***1192**

Solo urbano consolidado-S.V.

Monte alto mixto

2.014

557

9

Prieto Fernández Margarita

Prieto Fernández María Ofelia

Prieto Fernández Felipe

7280138PH1878S0001MW

***4241**

***3042**

***4227**

Solo urbano consolidado-S.V.

Monte alto mixto

774

20

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examinar o seu contido na sede electrónica do Concello de Cospeito e, presencialmente, nas dependencias municipais do Concello de Cospeito, co fin de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar de notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar, sirva a presente como notificación co alcance e a finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no BOE.

Cospeito, 9 de agosto de 2024

Armando Castosa Alvariño
Alcalde