DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 19 de agosto de 2024 Páx. 47082

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO das bases e da convocatoria das subvencións para a rehabilitación en tres contornos residenciais de rehabilitación programada.

A Xunta de Goberno Local aprobou o 22.7.2024 as bases e a convocatoria das subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas nos contornos residenciais de rehabilitación programada da Magdalena e Ferrol Vello, A Graña e Esteiro Vello, ao abeiro do convenio co Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e a Comunidade Autónoma de Galicia do Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xunto cos seus anexos.

O texto íntegro publícase no BOP e na sede electrónica do Concello de Ferrol, https://www.ferrol.gal/Sede/TaboleiroAnuncios

Prazo de presentación de solicitudes: desde o 9.9.2024, ás 10.00 horas, ata o 31.10.2024, ás 24.00 horas.

Formularios normalizados: no enderezo https://www.ferrol.gal/rehabilitacion e no Rexistro Xeral municipal.

Información: teléfono 981 94 40 65 (Oficina de Rehabilitación), das 9.00 ás 14.00 horas.

Ferrol, 31 de xullo de 2024

O alcalde
P.D. (Alcaldía do 11.12.2023; BOP 241, do 20.12.2023)
Blanca García Olivares
Concelleira delegada da Área de Urbanismo
Accesibilidade,Vivenda e Rehabilitación