DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 19 de agosto de 2024 Páx. 47083

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para a cobertura dunha praza de técnico de administración xeral, mediante concurso específico de méritos.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 157, do 13 de agosto de 2024, publicáronse as bases íntegras que rexerán o proceso selectivo para a provisión, polo sistema de concurso específico de méritos, do posto de traballo de técnico de administración xeral (A1) no Concello de Nigrán.

O prazo de presentación de instancias será de quince (15) días hábiles desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE). Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas bases.

Nigrán, 13 de agosto de 2024

Juan Antonio González Pérez
Alcalde