DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 19 de agosto de 2024 Páx. 47084

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Poio

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de ordenación do porto de Combarro e suspensión de licenzas.

O Pleno do Concello de Poio, en sesión do 25 de xuño de 2024, adoptou o acordo 5256 polo que se acordaba aprobar inicialmente o Plan especial do Porto deportivo de Combarro, conforme o indicado no artigo 75 […] da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

De acordo co disposto nos artigos 75-76 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 186 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, Regulamento da Lei 2/2016, sométese a información pública o dito Plan especial, durante un prazo de dous meses, mediante anuncios que se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de máis ampla difusión da provincia –o dito prazo comezará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG–. Poderase acceder ao contido do Plan especial na sede electrónica do Concello de Poio, a través da seguinte ligazón:

https://concellopoio.sedelectronica.gal/transparency/25769c5e-61f2-4be6-9dc4-65f4f522bb55/, co obxecto de que se poidan formular as alegacións que se consideren oportunas.

Igualmente, en relación co asunto: expediente: 438/2018. Suspensión de licenzas Plan especial porto de Combarro, o Pleno desta corporación, na sesión realizada o 16 de xullo de 2024, adoptou o seguinte acordo:

Adoptar acordo de suspensión de outorgamento de licenzas de parcelación, edificación e demolición na área afectada polo Plan especial de ordenación portuaria de Combarro, versión dixital (febreiro de 2024), que terá unha duración máxima de dous anos contados desde a devandita aprobación inicial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento (artigo 47.2 da LSG).

Poio, 19 de xullo de 2024

Ángel Moldes Martínez
Alcalde