DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 20 de agosto de 2024 Páx. 47159

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

EXTRACTO da Orde do 9 de agosto de 2024 pola que se modifica a Orde do 23 de setembro de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento BS420E).

BDNS (Identif.): 651580.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Entidades beneficiarias da subvención

Ao abeiro desta modificación, as persoas beneficiarias son as entidades previstas na Orde do 23 de setembro de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento BS420E).

Segundo. Obxecto e finalidade

A presente orde ten por obxecto establecer o reaxuste das anualidades e a ampliación do compromiso económico ao exercicio 2025. Tamén inclúe a revisión das contías e o prazo de execución e de xustificación das actuacións. Como consecuencia diso, procédese á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes da Orde do 23 de setembro de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento BS420E).

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 9 de agosto de 2024 pola que se modifica a Orde do 23 de setembro de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento BS420E).

«Cuarto. Financiamento

1. A concesión das subvencións previstas nesta convocatoria, con cargo aos orzamentos da consellería competente en materia de política social e coa repartición plurianual recollida na seguinte táboa, financiaranse con fondos europeos procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, aprobado polo Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, dentro do compoñente 21 de modernización e dixitalización do sistema educativo, incluída a educación temperá de 0 a 3 anos.

O importe total asignado para as anualidades 2022, 2023, 2024 e 2025 ascende a trinta e catro millóns cento un mil cincocentos nove euros con cinco céntimos (34.101.509,05 €) coa seguinte distribución orzamentaria por anualidades:

Aplicación

Anualidade 2022

13-02-312B-4000

0 €

13-02-312B-4600

0 €

13-02-312B-4610

0 €

13-02-312B-7000

0 €

13-02-312B-7600

229.237,51 €

13-02-312B-7610

0 €

Total

229.237,51 €

Aplicación

Anualidade 2023

11-02-312B-4000

0 €

11-02-312B-4600

99.075,24 €

11-02-312B-4610

0 €

11-02-312B-7000

0 €

11-02-312B-7600

349.782,45 €

11-02-312B-7610

0 €

Total

448.857,69 €

Aplicación

Anualidade 2024

Anualidade 2025

Total 2024-2025

38-02-312B-4000

516.395,04 €

854.874,78 €

1.371.269,82 €

38-02-312B-4600

3.908.212,31 €

6.469.915,21 €

10.378.127,52 €

38-02-312B-4610

516.395,04 €

854.874,78 €

1.371.269,82 €

38-02-312B-7000

1.317.479,55 €

797.910,15 €

2.115.389,70 €

38-02-312B-7600

9.867.425,53 €

6.204.542,56 €

16.071.968,09 €

38-02-312B-7610

1.177.694,45 €

937.694,45 €

2.115.388,90 €

Total

17.303.601,92 €

16.119.811,93 €

33.423.413,85 €

2. Unha vez consolidada a escolarización producida por este programa durante a súa duración, as entidades beneficiarias destas axudas asumirán cos seus orzamentos ordinarios, desde a anualidade 2025, o mantemento das prazas creadas».

«Quinto. Contía da axuda

1. A contía máxima da axuda por praza queda establecida de acordo coa seguinte táboa:

Anualidade 2022

Anualidade 2023

Anualidade 2024

Anualidade 2025

Custo praza creación

6.185,35 €

6.185,35 €

6.185,35 €

6.185,35 €

Custo praza mantemento

3.029,73 €

4.503,42 €

1.500,00 €

2.483,20 €

2. A contía de mantemento aboarase proporcionalmente desde a data en que a escola infantil 0-3 obteña o permiso de inicio de actividades ou desde a súa correspondente modificación».

Sexto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes e comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

As novas solicitudes presentadas tramitaranse de acordo coas bases establecidas na Orde do 23 de setembro de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento BS420E).

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2024

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Igualdade