Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:
– Peticionario: Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.
– Domicilio social: rúa Aller Ulloa, Ramón María, 9, 27003 Lugo.
– Denominación: novos CT Fornelos e Porto de Abaixo e LSAT de alimentación.
– Situación: concello de Ribadeo.
– Características técnicas principais:
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Ribadeo (tramo 1) con orixe no PAS instalado no apoio existente A59337 e final no CS 3822 Maizán existente, cunha lonxitude de 52 metros cada circuíto en condutor HEPRZ1-240 mm.
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Ribadeo (tramo 2) con orixe no CS 3822 Maizán existente e final no CT 7279 Fornelos proxectado, cunha lonxitude de 457 metros cada circuíto en condutor HEPRZ1-240 mm.
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Ribadeo (tramo 3) con orixe no CT 7279 Fornelos proxectado e final no CT 7281 Porto de Abaixo proxectado, cunha lonxitude de 1.000 metros cada circuíto en condutor HEPRZ1-240 mm.
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Ribadeo (tramo 4) con orixe no CT 7281 Porto de Abaixo proxectado e final no PAS instalado no apoio existente A59337, cunha lonxitude de 1.475 metros cada circuíto en condutor HEPRZ1-240 mm.
• Centro de transformación prefabricado 7279 Fornelos, cunha potencia máxima admisible de 1.000 kVA e unha potencia inicial de 50 kVA (recuperado), no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección de transformador, relación de transformación 20.000/400-230 V.
• Centro de transformación prefabricado 7281 Porto de Abaixo, cunha potencia máxima admisible de 1.000 kVA e unha potencia inicial de 50 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña telemandadas e unha de protección de transformador, relación de transformación 20.000/400-230 V.
• Desmonte do CTI 12011 Fornelos, do fusible XS S10749, dous apoios de celosía, 210 metros de condutor LA-56 e 104 metros de condutor RHZ1-150.
– Finalidade da instalación: mellora das instalacións.
– Orzamento: 450.375,74 euros.
– Documentación que se xunta:
• Separata para o Concello de Ribadeo.
• Separata para a Confederación Hidrográfica do Cantábrico.
• Separata para a Consellería de Cultura.
• Separata para o Servizo de Costas.
Esta dirección territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.
Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.
Lugo, 31 de xullo de 2024
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
