Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:
Peticionaria: Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.
Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.
Denominación: soterramento da LAT 20 kV Espiñeirido_2, cambio de localización do CT Augas y reforma dos CT 6831 rúa do Xunco e CT 14578 avenida Lieiro.
Situación: concello de Cervo.
Características técnicas principais:
• Reforma da liña aérea de alta tensión a 20 kV Espiñeirido_2, con orixe no apoio proxectado AP1 tipo C-4500-16 e final no apoio A87602 existente, cunha lonxitude de 55 metros en condutor existente LA-110.
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Espiñeirido_2 (tramo 1), con orixe no CT 7297 Augas proxectado e final no CT 14578 avenida Lieiro existente que se vai reformar, cunha lonxitude de 1.320 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Espiñeirido_2 (tramo 2), con orixe no CT 6831 rúa do Xunco existente que se vai reformar e final no CT 14578 avenida Lieiro existente que se vai reformar, cunha lonxitude de 1.110 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Espiñeirido_2 (tramo 3), con orixe no CT 14578 avenida Lieiro existente que se vai reformar e final nun PAS situado no apoio proxectado AP1 tipo C-4.500-16, cunha lonxitude de 320 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.
• Centro de transformación prefabricado 7297 Augas, cunha potencia proxectada de 1.000 kVA e unha potencia inicial de 400 kVA (recuperado), no cal se instalan dúas celas de liña telemandadas e unha de protección de transformador, relación de transformación 20.000/400-230 V.
• Reforma do centro de transformación 6831 rúa do Xunco, cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia inicial de 630 kVA existente, no cal se instalan tres novas celas de liña telemandadas e unha de protección de transformador, substitúense as pontes da AT e BT, mellora do circuíto de terras e instalación de cadro de BT, relación de transformación 20.000/400-230 V.
• Reforma do centro de transformación 14578 avenida Lieiro, cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia inicial de 400 kVA existente, no cal se instala unha nova cela de liña telemandada, e o CT queda cunha configuración 3L+1P, relación de transformación 20.000/400-230 V.
• Desmontaxe de 500 metros de RHZ1-150, 60 metros de RHZ1-240, 760 metros de LA-110, 4 apoios de celosía, 2 apoios de formigón e o desmantelamento do CT prefabricado 2610 Augus.
Finalidade da instalación: mellora da subministración.
Orzamento: 541.812,79 euros.
Documentación que se xunta:
• Separata para o Concello de Cervo.
• Separata para a Consellería de Cultura.
• Separata para o Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico.
• Separata para a Consellería de Medio Ambiente.
• Separata para o Ministerio de Transportes (ADIF).
• Separata para a Deputación Provincial de Lugo.
Esta dirección territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
RESOLVE:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, supeditada ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.
Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.
Lugo, 1 de agosto de 2024
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
