DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 21 de agosto de 2024 Páx. 47575

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 19 de xullo de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no expediente BS611A 2024/5677-1 e tres máis.

De conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relaciona no anexo sen que fose posible, por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para proceder á notificación dos actos administrativos de citación as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo.

Para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican as ditas persoas interesadas, por si mesmas ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de dependencia e autonomía persoal do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, sección de cualificación e valoración de discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, de non atender o establecido no acto de citación unha vez efectuada a súa notificación por comparecencia ou tras o seu vencemento, de acordo co disposto no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar coa tramitación producirase a caducidade do procedemento pola paralización imputable á persoa interesada e acordarase o arquivamento das actuacións logo da resolución que será notificada á dita persoa interesada.

A Coruña, 19 de xullo de 2024

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS611A Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

2024/5677-1

32431223G

Citación para o recoñecemento

12.7.2024

2023/7742-1

76409283V

Citación para o recoñecemento

27.6.2024

2024/8976-1

55506044Y

Citación para o recoñecemento

28.6.2024

2024/9015-1

X9599915Z

Citación para o recoñecemento

28.6.2024